miércoles, 30 de diciembre de 2009

CONTO "Gymkana de emociones" de CEPE


O outro día din cun interesante libro "gymkana de emociones", conto que está especialmente indicado para axudar aos nenos e nenas a poñerse no lugar dos demais e aprender alternativas para solucionar pequenos conflitos cos amigos.
RESUMO- É a primeira vez que Clara acode a un campamento de verán, é o último día e a súa amiga Sofía explícalle que van participar nunha divertida Gymkana que os monitores organizan todos os anos. O grupo de Clara resulta gañador e ao rematar o xogo danse conta de que as pistas do xogo son en si mesmas unha boa estratexia para resolver os problemas cos amigos, polo que Clara decide gardalas para recordalas cando se enfronte a algunha situación que lle resulte complicada de resolver, respondendo ás preguntas: ¿Que ocurriu? ¿Como me sentín? ¿Como se sentiron os demais? ¿Que podo facer a próxima vez?

O conto inclúe tamén consellos para pais e nais e propostas de actividades para reflexionar cos nenos e nenas sobre os problemas, seguindo os pasos-guía do conto e as tarxetas.
Os autores do libro son Carmen Sara Floriano, Fausto Giles, Isabel Orjales e Rubén Toro.Espero que vos sexa de utilidade.

miércoles, 23 de diciembre de 2009

CONTOS INFANTILES PARA DURMIR QUE TRABALLAN OS VALORES


Páxina con contos infantiles curtos para educar en valores, con todo tipo de personaxes e situacións. Os contos aparecen clasificados por coleccións, valores traballados, personaxes, etc. Os contos podemos atopalos en textos para imprimir ou como audiocontos para poder escoitar.
Para acceder á páxina preme o seguinte enlace:

CONTOS PARA DURMIR

martes, 8 de diciembre de 2009

MALETÍN DE COEDUCACIÓN


Nesta páxina temos todos un maletín de Coeducación repleto de fórmulas, ideas, suxerencias, técnicas (¡más de 60!) que, aínda que non sexan máxicas nin maxistrais, vannos permitir e facilitar a sensibilización, reflexión, prevención e promoción da igualdade de oportunidades neste gran laboratorio que é a Educación (formal, non-formal e informal).
ACCESO AO MALETÍN

RECURSOS PARA TRABALLAR A COEDUCACIÓN NAS AULAS DE INFANTIL E PRIMARIA


Na páxina da Aula virtual do CEP Castilleja de la Cuesta podemos atopar o enlace a Educar en y para la igualdad de Juan Béjar con moitos recursos para traballar a coeduación: vídeos para reflexionar, artigos, materiais de formación do profesorado, etc.

AULA VIRTUAL EDUCAR EN PARA PARA A IGUALDADE

domingo, 18 de octubre de 2009

XOGO DE MSF PARA SENSIBILIZAR SOBRE A DESNUTRICIÓN INFANTIL


A ONX Médicos Sen Fronteiras creou un xogo chamado“…E comeron felices” mediante o que se pretende que os máis pequenos aprendan xogando e sexan conscientes de que nenos como eles que viven noutras partes do mundo pasan fame e non teñen acceso á comida.

Este xogo forma parte dunha campaña para tratar de axudar a solucionar oproblema da desnutrición que afecta a tantos nenos de países pobres.

Accede dende o seguinte enlace:

E COMERON FELICES

UN XOGO COEDUCATIVO ON LINE PARA TRABALLAR PARA TRABALLAR A CORRESPONSABILIDADE DENDE EDUCACIÓN INFANTIL


Para acceder ó xogo preme no seguinte enlace:
A FAMILIA BEE COMPARTINDO TAREFAS

jueves, 24 de septiembre de 2009

EDUCACIÓN EN VALORES da Fundación Televisa




A Fundación Televisa ofrécenos unha interesante colección de materiales didácticos de apoio para a educación en valores. Entre eles atoparás contos e actividades para traballar 60 valores que se recollen nesta web.

Os valores están organizados alfabéticamente. Dende o menú de cada un accederás, a contos e propostas didácticas, a definicions, frases para la reflexión, ilustracions ou ó calendario escolar de valores.

“Valores” tamén ofrece una guía didáctica para docentes con orientacions, recomendacions y estratexias relacionadas coa educación en valores.

miércoles, 22 de julio de 2009

LITERATURA INFANTIL RELACIONADA COA CONVIVENCIA: Poemitas de Carmen Gil


Carmen Gil ofrécenos nesta páxina poemas sobre temas como a coeducación, a interculturalidade, a educación emocional, os sentimentos, etc. para traballar a literatura dende a perspectiva da educación en valores e a promoción dun clima de convivencia pacífico.
Para acceder á páxina preme sobre a imaxe.

lunes, 22 de junio de 2009

sábado, 13 de junio de 2009

EL ÁRBOL ROJO: Un libro sobre a desesperanza









RESUMO: Ás veces o día comeza vacío de esperanzas, unha rapaza despértase e no seu cuarto caen follas ennegrecidas que ameazan con aplastala. O autor describenos o día da rapaza, retratando un mundo de soños no que o fantástico se transforma en realidade, unha viaxe dende a desesperación á esperanza. A rapaza, sen nome, camiña cabizbaixa poas rúas dun mundo surreal seguida por un gran peixe que flota sobre ela, cando ninguén entende ela está varada preto dun océano pero atrapada nunha botella, viaxa a través dunha paisaxe industrial ameaazadora onde os máis espantosos destinos resultan inevitables. Loita para determinar quen se supón que tes que ser, quén se supón que eres ou dónde estás. Ó final do día, cando parece haber perdido toda ilusión e volve ó seu cuarto atopa unha folla vermella, presente en cada paxina do libro, que coa esperanza convírtese nun vivo árbol vermello.

Descubrín este libro por medio dun compañeiro que supuxo un gran punto de apoio ó longo destes dous anos de traballo e desenvolvemento persoal.É un libro que a pesar da desesperanza, da crenza de que todo vai a peor, transmite optimismo; está repleto de metáforas visuais axudan a entender os estados de ánimo.Gracias Juan!

domingo, 17 de mayo de 2009

ESPERANZA POLA NOSA XUVENTUDE


Os adultos da sociedade actual non son os primeiros en pter expectativas pouco favorables sobre as novas xeracións e o mundo seguiu avanzando.

miércoles, 13 de mayo de 2009

DÍA DAS LETRAS GALEGAS: NON ESQUEZAMOS ÁS MULLERES


O día 17 de maio celebramos o día das letras galegas, rememorando ós nosos persoeiros e recuperando parte da historia do pobo galego. Non esquezamos a tantas mulleres que durante anos foron silenciadas. Déixovos aquí un enlace dende o que obter información para "sacar á luz" todas estas mulleres e o seu traballo:

http://www.culturagalega.org/album/detalle.php?id=16

domingo, 3 de mayo de 2009

EL MAGREB CON OJOS DE MUJER


As mulleres magrebíes falan sobre a súa cultura e vida na sociedade do Magreb e desmontan falsos mitos. Pode descargarse material moi interesante para traballar nas aulas como contos tradicionais do Magreb que permiten analizar valores.

PREME SOBRE A IMAXE PARA ACCEDER Á PÁXINA.

Na parte dereita do meu blog deixo un enlace permanente xunto con outros enlaces con recursos de interculturalidade.
Grazas a Rosana e Isabel do blog Cuaderno Intercultural por descubrirme recursos tan interesantes.

VÍDEO SOBRE AS MULLERES CHIIÉS BAIXO O REXIME TALIBAN. SOBRECOLLEDOR!!!

viernes, 1 de mayo de 2009

WEB CON PUBLICACIÓNS SOBRE INTERCULTURALIDADE E ENSINANZA DA LINGUA CASTELÁ



http://practicaseneducacion.org/
Prácticas en Educación é unha plataforma virtual creada para dar resposta ós profesionais da educación e impulsar a edición de publicacions que den a coñecer o traballo diario do profesorado.

domingo, 29 de marzo de 2009

NOVOS BLOGS E VÍDEOS SOBRE A SITUACIÓN DE MOITAS NAIS E AMAS DE CASA

Recoméndovos que lle botedes un ollo ós blogs que acabo de engdir á miña lista de blogs relacionados coa convivencia, a maioría están relacionados coa coeducación pero podemos atopar recursos utlizables para educación para a cidadanía, celebracións como o día da muller, para o Plan de Acción Titorial, etc.
Nestas páxinas atopei este vídeo que foi nominado ós premios Goya no ano 2005; foi realizado polos alumnos da escola de arte ESDIP sobre a vida de moitas das nosas nais como amas de casa:

CONTOS DO MUNDO


Déixovos aquí un enlace moi intersante para obter contos tradicionais de diferentes países dos que poden chegar alumnos e alumnas que temos nas aulas:
http://translate.google.com/translate?u=http%3A%2F%2Fwww.xtec.es%2Frecursos%2Fcultura%2Fcontes%2Farreu%2Findex.htm&sl=ca&tl=es&hl=es&ie=UTF-8

TRABALLO DE INVESTIGACIÓN DE 5º DE PRIMARIA: MOVEMENTOS MIGRATORIOS DO NOSO ENTORNO


Navegando pola páxina de aula intercultural atopei esta investigación realizada por un grupo de alumnos e alumnas de 5º de primaria sobre os movementos migratorios que pretende axudar a comprender os motivos deste fenómeno e eliminar estereotipos. Déixovos aquí o enlace:
http://www.juntadeandalucia.es/averroes/sanwalabonso/uudd/migracion/index.htm

Este tipo de traballos ademais de proporcionar unha educación en valores poden ser moi interesantes á hora de enfocar o currículo por competencias onde traballamos todas as competencias nunha soa área. Por exemplo:
- Competencia matemática: análisis de táboas de poboación, planificación da recollida de datos, etc.
- Coñecemento e interacción co medio físico e social: a información que van obtendo é a estrutura da poboación do seu entorno próximo.
- Compentencia lingüística: redacción do informe cos datos obtidos, realización de entrevistas, etc.
-Autonomía e iniciativa persoal e aprender a aprender: planificación do noso traballo, organización dos datos que imos obtendo, etc.

jueves, 26 de marzo de 2009

UNHA OBRA LITERARIA NA QUE AS MATEMÁTICAS SE RELACIONAN COA HISTORIA E COA VIDA.


Nínguén dubida da importancia dos materiais que non traballan os contidos dunha sola área, que son interdisciplinares e, sobre todo, que se relacionan coa vida cotiá. Este libro pode proporcionar os nosos alumnos e alumnas unha fantástica experiencia para reflexionar sobre numerosos aspectos da cultura árabe, por exemplo as aportacións desta cultura ó mundo occidental, o poder que no seu momento tivo o califato de Córdoba, etc. Pero tamén aborda temas moi interesantes como a intolerancia relixiosa fronte á ciencia, a necesidade de diálogo entre culturas, etc. de forma que constitúe un instrumento intersante para a educación en valores.

No seguinte enlace podes consultar un pequeno resumo e recensión do libro realizado por José María Sorando.
http://divulgamat.ehu.es/weborriak/PublicacionesDiv/Libros/LiburuakDet.asp?Id=78

miércoles, 11 de marzo de 2009

VÍDEO PARA TRABALLAR A VIOLENCIA DE XÉNERO

Este vídeo dirixido por Marisa Crespo e Moises Romera de tan so 3 minutos ábrenos múltiples vías para traballar a violencia de xénero:
- Co alumnado da ESO na titoría, na materia de educación para a cidadanía,...
-Co profesorado, concienciando sobre a existencia desta problemática.
- Cos pais e nais, en escolas de pais por exemplo, reflexionando sobre a transmisión de modelos e roles ós nenos e nenas.
O curto podedes encontralo en you tube co nome de "papas e mamás".

lunes, 9 de marzo de 2009

CAMPAÑA MUNDIAL POR LA EDUCACIÓN. Loita contra o analfabetismo


La Campaña Mundial por la Educación (Global Campaing for Education) es una coalición internacional formada por ONGs, sindicatos del entorno educativo, centros escolares y movimientos sociales de muy diverso signo. Todos nosotros coincidimos en reclamar el cumplimiento íntegro de los compromisos de la "Cumbre de Dakar" del año 2000, donde la comunidad internacional se comprometió a garantizar el acceso a una educación de calidad para todos y todas antes del año 2015.

La Campaña Mundial por la Educación nació para que este compromiso internacional valioso y necesario no pasara desapercibido. Por eso, su objetivo es movilizar a la ciudadanía para que exijan a sus gobiernos y a la comunidad internacional que cumplan sus promesas y se responsabilicen del destino de millones de personas a los que se excluye del derecho a la educación.

La Coalición Española de la Campaña Mundial por la Educación está formada por Ayuda en Acción, Educación Sin Fronteras, Intermón Oxfam y Entreculturas, quien asume la coordinación de la misma.

jueves, 19 de febrero de 2009

O ENTROIDO NAS DIFERENTES CULTURAS DO CENTRO



No cole cremos importante que as alumnas e alumnos que chegan doutros países, atopen referencias ás súas culturas de orixe no centro. Ademais, con estas pequenas accións damos a coñecer outras costumes e culturas ó resto do alumnado.
Este ano contamos con dúas nenas procedentes de Colombia no centro, polo que elaboramos uns paneis informativos sobre os aspectos máis relevantes do entroido no seu país, que é unha das celebracións máis importantes ó longo do ano.

miércoles, 11 de febrero de 2009

Recompilación de recursos sobre culturas de orixe do alumnado en CUADERNO INTERCULTURAL


Dende o blog de CUADERNO INTERCULTURAL publican unha recompilación dunha serie de recursos accesibles vía Internet que aportan información acerca das culturas de orixe maioritarias do noso alumnado.

INTERCULTURALIDAD E ESCOLA. EXPERIENCIAS DE TRABALLO NOS CENTROS


Aula intercultural pon en marcha unha web para difundir iniciativas interculturais que están poñendo en marcha os centros públicos españois para mellorar a convivencia, evitar a segregación e o illamento, incluir e normalizar todas as diferenzas e enriquecerse delas.

viernes, 30 de enero de 2009

O DÍA DA PAZ NO COLE

No meu centro de traballo, o CEIP de Baamonde celebramos o Día da Paz recordando a Indira Gandhi e a todos e todas as que loitaron ó longo da historia pola Paz, os maiores de 4º, 5º e 6º recitaron poemas relacionados coa Paz, nos corredores do colexio podiamos ler frases de Gandhi que nos facían reflexionar sobre a Paz e formamos entre todos a palabra PAZ para cantar a canción de Rosario "No dudaría". Ademais a música de Radio-Patio amenizounos con cancións sobre a Paz, a Igualdade, etc. durante o tempo de lecer.

COMO COMPORTARSE NOS DIFERENTES PAÍSES DO MUNDO. GUÍAS DE COSTUMES CULTURAIS


Guías en inglés con información sobre as principais pautas de conduta social de 200 países.

lunes, 19 de enero de 2009

O CEIP SAN WALABONSO (Huelva) crea un blog con motivo do día da Paz


No blog os alumnos e alumnas van deixando mensaxes sobre a paz, os mestres e mestras propoñen actividades a través de WebQuest, proporcionan enlaces para xogos relacionados coa paz, etc.
Enlace á páxina do CEIP Walabonso

domingo, 11 de enero de 2009

A IMPORTANCIA DA IMAXE. Transmisión de valores a través de mensaxes visuais


As mensaxes visuais que están presentes nos centros teñen moita máis importancia da que lle damos en ocasións. No CEIP de Baamonde, o centro no que estou na actualidade destinada, quixemos sacarlle partido a información visual que forma parte do currículum oculto para traballar aspectos como a solución de conflitos elaborando carteis como o que se ve na primeira imaxes, a educación en valores, o respecto pola diferencia (non había case imaxes de nenos e nenas doutras razas, etnias, con diversidade funcional, etc.), a educación emocional (o mural aparece na segunda fotografía), etc.

Estas imaxes están colocadas nos lugares nos que o alumnado pasa tempo esperando e pode fixarse máis tempo.

OS CADERNOS DE TITORÍA como facilitadores da comunicación entre o equipo docente en cuestións de convivencia e normas.


Para que o clima de convivencia nun centro sexa positivo a comunicación é clave. No noso centro o Claustro de mestras e mestres é pequeno, somos 10 este ano, pero o habitual é contar con 6-7 docentes. Aínda así hai ocasións nas que é necesaria unha maior intercomunicación entre titores/as e especialistas,especialmente en relación co comportamento do alumnado e o cumprimento das normas de convivencia.
Para facilitar esta comunicación empezamos a traballar cos CADERNOS DE TITORÍA, que non son máis que axendas nas que o docente que está nese momento co grupo pode deixar recollido por escrito as situacións, actitudes, etc. que lle parezan relevantes sobre un alumno/a en concreto ou sobre todo o grupo. Desta forma todo o profesorado que imparte docencia ó grupo ten a posibilidade de coñecer os incidentes máis relevantes, algo especialmente importante para o titor/a, sobre todo á hora de avaliar. O cederno de titoría acompaña sempre ó grupo nas diferentes dependencias do centro.É un alumno/a o encargado de levar o caderno e entregarllo o mestre ou mestra co que van estar durante a sesión, cando non están na súa aula de referencia.
Estes cadernos tamén facilitan a labor da persoa encargada da convivencia, xa que os nenos e nenas que acuden a realizar actividades de reflexión sobre a convivencia e as normas traen consigo o caderno de titoría no que se explica o motivo polo que debe realizar dita actividade de reflexión.

viernes, 2 de enero de 2009

SANCIÓNS EDUCATIVAS


As medidas que forman o Plan de Convivencia do noso centro teñen ou pretenden ter unha orientación educativa, de forma que o alumnado vaia adquirindo habilidades, destrezas e competencias como resultado da posta en marcha das diferentes accións.
A actuación co alumnado que non cumpre as normas do centro e da aula tamén debía ter esta finalidade, de forma que non só pretendiamos sancionar, senón que a sanción debía educar. Non queriamos que simplemente se adicasen a facer copias ou estar sentado sen facer nada. Desta forma apareceron as fichas de reflexión sobre a convivencia e as normas que podemos ver nas imaxes. Así, o alumnado que é sancionado ten que elaborar unha pequena reflexión a partir de fichas nas que se recollen situacións ben ficticias ou reais (que se deron con anterioridade no centro).

Cando o incumprimento das normas é reiterado ou cando a conduta é moi grave a ficha que debe elaborar ten que recoller unha reflexión sobre a súa conduta que deberá ser firmado polos pais, o que tamén serve para manter comunicación coas familias sobre os aspectos relacionados coa convivencia do seu fillo ou filla.
Estas fichas son diferentes en función da idade: os máis pequenos deixan reflectido o que pasou a través dun debuxo e da resposta a dúas preguntas e os maiores fan esta reflexión por escrito.

UN VÍDEO PARA REFLEXIONAR SOBRE A CONVIVENCIA ENTRE CULTURAS. A PRESENCIA DOS VELO NOS CENTROS EDUCATIVOS.

O FALADOIRO. UN ESPAZO NO CENTRO PARA FOMENTAR A COMUNICACIÓN E A SOLUCIÓN PACÍFICA DO CONFLITOS.



Este é o FALADOIRO, un espazo que creamos no centro co obxectivo de axudar ó alumnado a resolver con autonomía os seus conflitos e de potenciar a escoita activa, respectando os turnos da comunicación.
Cando o alumnado fai uso deste espazo non conta coa intervención dun adulto, que actúa a modo de árbitro ou de xuíz, según as circunstancias do momento, senón que a través do diálogo ten que buscar o acordo para solucionar de forma pacífica a situación conflitiva na que se atopa; pretendemos que desta forma o alumnado vaia adquirindo unha maior autonomía na xestión dos conflitos.
O faladoiro ten unhas normas, só se pode falar cando se está sentado na cadeira que ten enriba a boca, e na cadeira que ten a orella debe escoitar. Para poder cambiar os papeis deben cambiar de cadeira.
Pode facerse uso do faladoiro cando dous nenos ou nenas o solicitan, ou ben pode ser un adulto o que os envíe a solucionar un conflito, cando observa que para solucionar un problema non se están respectando as regras da comunicación.
Unha vez que se chega ó acordo, os nenos/as teñen que deixar unha mensaxe con recomendacións ou consellos para os compañeiros e compañeiras en relación co problema que acaban de solucionar. Esta mensaxe queda no taboleiro que está ó lado do faladoiro.


jueves, 1 de enero de 2009

PLAN DE CONVIVENCIA NO MEU CENTRO DE TRABALLO


Preséntovos un esquema de como se articula o Plan de Convivencia no meu centro de traballo, o CEIP de Baamonde. Pouco a pouco ireivos explicando en que consisten cada unha das medidas que forman o continum de accións relacionadas coa convivencia.

EnREDate sen machismo

LIÑA DE AXUDA CONTRA O ACOSO ESCOLAR

Bullying Maltrato entre alumnos

Bullying Maltrato entre alumnos
Recursos para comprender o fenómeno, propostas didácticas e orientacións para traballar dende a escola, así como guías e consellos tamén para os pais

WEBQUEST PARA O 3º CICLO E ESO SOBRE O BULLYING

WEB OFICIAL ANDALUNA E SAMIR

WEB OFICIAL ANDALUNA E SAMIR
Páxina con material para traballar a integración de persoas con discapacidade, estranxeiros, para traballar valores como a igualdade de xénero, a paz e non violencia, a solidaridade e a cooperación, etc. Pódense descargar vídeos con cancións sobre os diferentes temas.

WEB PROTECCIÓN CIVIL SOBRE A PREVENCIÓN DE RISCOS

WEB PROTECCIÓN CIVIL SOBRE A PREVENCIÓN DE RISCOS
Risco volcánico, risco sísmico, risco de incendios e risco nueclear

Materiais para traballar a igualdade. Contos "El misterio el chocolate en la nevera"

EDUCACIÓN SEXUAL. Material para Educación Infantil

EDUCACIÓN SEXUAL. Guía de 6 a 12 anos.

Web de recursos para a educación en igualdade e a prevención da violencia de xénero

PAXINA DE COEDUCACIÓN da Dirección Xeral de Políticas Educativas e Ordenación Académica