martes, 6 de diciembre de 2011

V SEMINARIO DE ATENCIÓN EDUCATIVA AO ALUMNADO INMIGRANTE


Esta Fin de semana estiven no V Seminario de atención educativa ao alumnado inmigrante. Algo que nos recordou J. Antonio Jordán Sierra, profesor da Universidade de Barcelona en relación coa educación intercultural, e que a min me parece clave paraunha integración real da diversidade cultural, é a importancia de traballar as actitudes, que son as que se atopan tras os prexuízos, estereotipos e xuízos etnocétricos. Prestar atención ás actitudes é importante teñamo ou non alumnos e alumnas doutras culturas, porque hoxe en día a nosa sociedade é diversa culturalmnente e trátase de formar persoas para a vida, competentes como cidadáns e cidadás. Resaltou que hai que deixar a un lado a visión pesimista de que as nosas actuacións nas aulas non teñen repercusión na sociedade porque para eses nenos e nenas que temos nas aulas si ten unha influenza, polo menos NON MENOR, que os que reciben do medio social, eso si, tanto de forma positiva (recoñecemento, valoración, autoconfianza,...) como negativa (indiferenza, rechazo, ...).
Non podemos ver aos nosos alumnos e alumnas como uns máis entre todos,como unha masa. Temos que velos e pensar "é o meu alumno/a" e ser sensible ás súas continuas "chamadas", especialmente no caso dos e das máis vulnerables.
Temos que escoitaras súas voces cando nos están dicindo "estou aquí, son... o teu alumno/a, que necesita o teu apoio, a túa axuda".
En alusión a este punto, paréceme fundamental a mensaxe que deixou Emilio García, orintador no IES Agra de Orzán, que resalta a necesidade de ver a diversidade cultural como un RETO, NON COMO UNHA DIFICULTADE.
Foi moi interesante escoitar as aportacións dende a experiencia tantos compañeiros/as.Chamoume a atención a perspectiva que aportou a traballadora social do concello de Arteixo explicando as causas do absentismo entre o alumnado inmigrante, como as ausencias do home do fogar, que levan á muller (en moitísimos casos analfabeta) a recurrir aos fillos e fillas para ir ao supermercado, ao médico, etc. o que leva a reflexionar sobre a importancia de traballar coas familias, algo evidente pero que cada vez se amosa máis urxente e ao que non prestamos sempre a debida atención.
Foi toda unha dose de optimismo escoitar a experiencia de Jowel, un neno de Bangladesh que chegou o pasado curso escola sen coñecer a nosa lingua e que nos contou nun castelán moi correcto e cunha visión moi positiva, a súa experiencia no noso sistema educativo.
Da experiencia de Mª Teresa Domínguez, orientadora no CRA Clara Torres de Tui, quero resaltar a necesidade de non escudarnos no pretexto de que eles/elas mesmos se marxinan porque nós temos que poñer da nosa parte para que non sexa así e conseguir unha convivencia.Resaltar a encomiable tarefa realizada coas mulleres marroquíes para acadar a súa integración e visibilización social das súas aportacións.
Recoméndovos o libro que nos narrou Concepción Costas, "Caixa de cartón", un precioso conto que nos axuda a facer que o noso alumnado e achegue e sensibilice coa realidade da inmigración a través da narración da viaxe dunha nai co seu fillo a outro país atravesando difíciles momentos.

miércoles, 23 de noviembre de 2011

SEXISMO E PUBLICIDADE DE XOGUETES

Agora que está cerca a celebración do Día contra a violencia de xénero e as vacacións de Nadal, pode ser de gran utilidade reflexionar cos nosos alumnos e alumnas sobre como aprendemos e interiorizamos estereotipos sexistas a través do xogo e dos xoguetes. Está claro que nos folletos non se di explicitamente que xoguete está orientado para as nenas ou para os nenos, pero formas máis sutiles de influir nos nosos fillos/as.

Escribe qué profesións se potencian nos nenos e cales nas nenas

Para poder reflexionar sobre estos puntos tan só necesitamos uns cantos folletos de publicicidades dos grandes centros comerciais ou das cadeas de xoguetes, que son fáciles de conseguir antes de Nadal.

sábado, 4 de junio de 2011

XORNADAS AXENDA 21 ESCOLAR DE GALICIA

Esta fin de semana estiven en Santiago nas Xornadas de Axenda 21 escolar de Galicia, o reto de educar na sostenibilidade.
Nestas xornadas ensinánronnos numerosas experiencias relacionadas coa sostenibilidade: análise da biodiversidade, xestión dos residuos, contaminación acústica, uso da auga, o consumismo,...
Estas experiencias sobre a educación en valores sostibles resultáronme moi enriquecedoras pero gustaríame destacar a importancia que tivo na súa realización o traballo en equipo do profesorado e o traballo sobre o entorno próximo, deixando a un lado, polo menos parcialmente, os libros de texto.
Outro aspecto que non quero esquecer é a importancia de buscar a colaboración das familias na vida do centro. As experiencias de axenda 21 amosan parte de todo o positivo que se pode acadar se camiñamos da man, buscando conseguir os mesmos obxectivos, en lugar de continuar mirándonos con desconfianza. As experiencias demostran que é posible.


martes, 17 de mayo de 2011

O CLUBE DAS MULLERES MORTAS

"El Club de las Mujeres Muertas" Audiovisual parte da Campaña de Comunicación para a Prevención da Violencia de Xénero contra as Mulleres. Oaxaca, 2007.

miércoles, 20 de abril de 2011

martes, 12 de abril de 2011

CÓNTAME UN CONTO

No blog "Aprendemos desde la diferencia" atopei este precioso poema que vos deixo aquí:

Cóntame un conto
no que non existan princesas.

Cóntame un conto
no que as bruxas fagan conxuros
contra a violencia.

Cóntame un conto
no que o príncipe non teña cor
nin bandeira.

Cóntame un conto de verdade
dos que cren na vida
e son poesía.

martes, 5 de abril de 2011

8 DE ABRIL DÍA DO POBO XITANO

O pobo xitano leva convivindo con nós máis de 500 anos, pero seguen a ser os grandes descoñecidos. Eles están en contacto permanente coa nosa cultura, aprenden sobre os nosos devanceiros celtas, romanos, etc. pero... qué sabemos nós da súa orixe? Máis ben pouco.
Isto ten unha dobre consecuencia. Por un lado os xitanos e xitanas ven ao sistema educativo como algo fóra da súa realidade, na que eles e elas non están incluidos. Por outro, o proceso de creación dunha identidade cultural queda relegado ó ámbito familiar.
Partindo destas ideas considerei importante incluir a celebración do Día do Pobo Xitano, 8 de abril, como encargada da dinamización da convivencia no meu centro escolar.
Aquí vos deixos información por se vos interesa ou é de utilidade:






POR QUE CELEBRAMOS O DÍA 8 DE ABRIL O DÍA DO POBO XITANO?
O 8 de abril os principais ríos do mundo levaron no seu leito miles de flores:

-O Ganges na India.
-O río da Prata en Arxentina
-O Miño en Lugo e en Romanía
-O Sena en Francia
-O río Jordán en Israel
-O río Ripoll en Barcelona
-Etc.

Esta ceremonia chámase CERIMONIA DO RÍO. Desta forma todos os xitanos e xitanas do mundo conmemoran o aniversario da súa saída de Punjab (India).
Así o 8 de abril miles e miles de xitanos e xitanas reúnense nas beiras dos principais ríos do mundo, de América a Australia e de Asia a Europa para lanzar ao auga flores e velas en recordo dos seus devanceiros que abandoaron a India buscando un futuro mellor e aqueles que tiveron que sufrir na súa propia pel u odio e os ataques por motivos racistas.
A ceremonia do Río reúne nun mesmo acontecemento a celebración do inicio do camiño e o recordo do todos aqueles que padeceron as dificultades deste longo traxecto.
No colexio fixemos unha Cerimonia do río simbólica, pegando cada un de nós unha flor no mural do río. Despois tivemos o pracer de bailar, cantar e escoitar a historia da poboación xitana da localidade, contada por eles mesmos, aquí vos deixo un vídeo-resumo:

domingo, 20 de marzo de 2011

VIVO NUNHA CASA MALVA

Conto que recorda ás pequenas vítimas da violencia de xénero: aos nenos e nenas que perden o seu dereito á infancia e a ser felices.

domingo, 13 de marzo de 2011

NO ESTÁS SOLA, SARA

Hoxe estiven vendo esta miniserie emitida pola 2 de TVE no 2009; creo que constitúe un material moi útil para reflexionar co alumnado de secundaria sobre a violencia de xénero nestas idades, porque parece que sempre pensamos en mulleres de maior idade, pero esquecemos que moitas rapazas están soportando comportamentos que poden acabar en graves episodios de violencia de xénero co tempo.

Basada en feitos reais, "No estás sola, Sara", conta a historia dunha rapaza que ten só 23 anos e participa no seu último día de terapia psicolóxica, dentro dun grupo de mulleres maltratadas física e psíquicamente. Tras anos de terapia, por fin é capaz de verbalizar a súa propia historia, sen que o medo, as emocións e os recordos lle imposibiliten falar.

Fai tres anos, Sara era unha rapaza feliz. Estudiaba xornalismo, gustáballe maquillarse, comprarse roupa, ir ao cine, ler, bailar na discoteca, disfrutar da praia, do sol, poñerse minisaia, sentíase guapa, era feliz. Unha noche, a súa vida crúzase coa de Javier, un rapaz da súa idae, guapo, educado, tímido e cheo de encanto, que a enamora pouco a pouco, colmándoa de atencións.
Pero un día a Javier no lle gusta como lle queda unha minisaia e aconséllalle que non a poña máis. Sara dubida que facer, pero finalmente segue o seu consello. Outro día, molestáballe como a miran outros rapaces. Sara non comprende esos ciumes absurdos pero, á vez, séntese estúpidamente halagada. Outro día, o rapaz rexístralle o bolso e a maleta que vai levar a unha viaxe, outro, espía as súas mensaxes no móvil, outro, prohíbelle que saia cos seus amigos. Desta forma Javier terminará controlando a vida de Sara.
Sara non aguanta máis e enfréntase a Javier. Javier frénaa agredéndoa con brutalidade. Dende ese día todo se convirte nunha espiral de violencia que Sara non sabe como parar. Non quere denunciar á persoa que ama, sinte vergoña e medo e non é capaz de compartilo con ninguén.

miércoles, 9 de marzo de 2011

MINISERIE SOBRE CLARA CAMPOAMOR, A MULLER ESQUECIDA


Acabo de ver a miniserie e aplaudo a iniciativa de TVE en pro da difusión da vida de moitas mulleres esquecidas, borradas dos libros de texto, da memoria histórica de moita xente, etc. xa era hora de que por fin as fagamos visibles.
A película biográfica Clara Campoamor, a muller esquecia, que dirixe Laura Mañá, narra o logro da política sufraxista española. O guion, a cargo de Yolanda García Serrano e Rafa Russo, céntrase nos días posteriores á proclamación da República e reproduce as sesións no Congreso nas que Clara Campoamor convenceu á cámara da necesidade de lograr o voto para a muller. Conseguiuno, e dende entón é referente na loita pola igualdade da muller.

sábado, 5 de marzo de 2011

DÍA DA MULLER 2011:A muller galega ao longo da historia



O día 8 de marzo conmemórase o día Internacional da Muller, no centro celebrámolo o 11 de marzo. O Departamento de

Orientación e o Equipo de Dinamización da Lingua Galega elaboraron un vídeo sobre a historia da muller galega ao longo do tempo, dende as mulleres druídas ata a actualidade. Para que fose posible, contamos coa colaboración das rapazas de 5º e 6º de Educación Primaria que aportaron as súas voces para as diferentes mulleres.
Despois de ver o vídeo realizamos diferentes actividades:
- Educación Infantil e o 1º ciclo fixeron actividades elaboradas no centro co LIM sobre a historia da muller galega.
- De 3º a 6º de Primaria os alumnos e alumnas participaron nunha carreira de orientación polas instalacións do centro, na que os alumnos tiñan que ir atopando tarxetas con preguntas sobre o vídeo que tiñan que contestar para poder proseguir buscando tarxetas.

viernes, 11 de febrero de 2011

O meu primeiro libro LIM: Actividades para Infantil para traballar o día da Muller

ACCEDE AO LIBRO
Estas actividades realizaranse na PDI despois de ver un powerpoint onde con imaxes e sons lles explicamos as diferentes aportacións da muller á historia do pobo galego.

viernes, 21 de enero de 2011

Enferma na casa sen poder falar decidín ver unha película que me recomendaron fai uns días. La Ola é unha película alemana para ver, pensar, reflexionar e educar, aínda que para min traballando en Educación Primaria, quizais sexa moi complexa, ademais de non estar recomendada para menores de 13 anos, pero sí me parece moi recomendable para a educación secundaria.

O argumento desenvolvese nun instituto onde se realizará a “semana de proxectos”, na que se tratarán as distintas formas de goberno.

O profesor que liderará o grupo de alumnos e alumnas ao que lle tocou a forma de goberno autocrática, é Rainer Wenger, que en principio desexaba realizar o proxecto de anarquía. O grupo de alumnos e alumnas é bastante escéptico de esta forma de goberno, onde moitos ven como improbable que regrese esta forma de goberno totaitaria ao seu país.Pero os rapaces e rapazas comenzarán a forxar un sen darse conta.Como? O profesor inicia un experimento para demostrarlles cómo se chega a manipular ás masas, cómo se crea unha unidade colectiva onde prima o grupo sobre os individuos, cómo se crea unha nova identidade (un símbolo distintivo, un saúdo propio, un uniforme, etc.).
A medida que vai pasando o proxecto escolar, o profesor non advertirá que se lle está indo das mans e que deu pé a un novo movemento.

ACTIVIDADES PARA O DÍA DA PAZ

No noso cole estamos rematando os últimos preparativos de cara a celbración do día da Paz. As actividades que temos programadas son:
1. Co alumnado de Educación Infantil traballaremos co conto en powerpoint O castelo de area" sobre a necesidade de traballar en equipo en lugar de competir.
2. Co alumnado do 1º ciclo proxectaremos a película "Historia dunha gaivota e do gato que lle ensinou a volar" para debater sobre:
- A amizade entre seres diferentes.
- A defensa do medio ambiente.
- A perseverancia para conseguir as cousas a pesar das dificultades.
- A necesidade de aceptarse a un mesmo.
3. O alumnado de 2º e 3º ciclo vai realizar cómics relacionados co tema da paz.
4. O alumnado de 3º ciclo verá a película de "Cobardes" sobre o tema do acoso escolar. Adxúntovos as activadades de reflexión que realizaremos co alumnado, que traballará en pequenos grupos para facer despois un debate en gran grupo.



A nivel de centro todos cantaremos "Este mundo é o que queremos" e leremos un manifesto pola paz que tamén vos deixo aquí.


En relación coas familias, realizamos unha recompilación de lecturas relacionadas coa paz e clasificadas por idades. Podedes vela debaixo.

miércoles, 19 de enero de 2011

INVISIBLES

Vídeo moi interesante sobre a historia do patriarcado e a consecuente invisibilidade da muller explicado de forma moi breve pero ben sintetizado.

EnREDate sen machismo

LIÑA DE AXUDA CONTRA O ACOSO ESCOLAR

Bullying Maltrato entre alumnos

Bullying Maltrato entre alumnos
Recursos para comprender o fenómeno, propostas didácticas e orientacións para traballar dende a escola, así como guías e consellos tamén para os pais

WEBQUEST PARA O 3º CICLO E ESO SOBRE O BULLYING

WEB OFICIAL ANDALUNA E SAMIR

WEB OFICIAL ANDALUNA E SAMIR
Páxina con material para traballar a integración de persoas con discapacidade, estranxeiros, para traballar valores como a igualdade de xénero, a paz e non violencia, a solidaridade e a cooperación, etc. Pódense descargar vídeos con cancións sobre os diferentes temas.

WEB PROTECCIÓN CIVIL SOBRE A PREVENCIÓN DE RISCOS

WEB PROTECCIÓN CIVIL SOBRE A PREVENCIÓN DE RISCOS
Risco volcánico, risco sísmico, risco de incendios e risco nueclear

Materiais para traballar a igualdade. Contos "El misterio el chocolate en la nevera"

EDUCACIÓN SEXUAL. Material para Educación Infantil

EDUCACIÓN SEXUAL. Guía de 6 a 12 anos.

Web de recursos para a educación en igualdade e a prevención da violencia de xénero

PAXINA DE COEDUCACIÓN da Dirección Xeral de Políticas Educativas e Ordenación Académica