domingo, 16 de noviembre de 2014

CORTO DOLL FACE: DA VANIDADE Á AUTODESTRUCCIÓN. Os estereotipos dos medios sobre as mulleres

Os medios de comunicación convertíronse en parte fundamental do noso día a día ata tal punto que determinan o que pensamos, os temas máis recurrentes nas nosas conversas, o que se considera interesante,... Definen tendencias que seguimos, crean en nós necesidades, obligacións e desexos,... a boneca-robot da curtametraxe depende da tecnoloxía, e cambia en función do seu referente, do que lle marca o televisor. Intenta convertirse en humana (que é o que ve na tele) pero así perde a súa esencia, xa que é un robot. Aquí preténdese que invirtamos o símil e que pensemos no que pasa cando nos intentamos convertir nos productos fabricados que nos presentan nos medios de comunicación.
Outro aspecto sobre o que nos fai reflexionar é a dependencia do ser humano dos medios e á inversa, porque os medios tamén dependen das persoas, por iso cando o robot se rompe a tele se apaga, sen espectadores os medios non teñen cabida, hai unha simbiose, polo que tamén podermos exercer unha influenza sobre eles. 

viernes, 28 de febrero de 2014

DÍA INTERNACIONAL DA MULLER 2014: AS TAREFAS DO FOGAR COUSA DE TODOS E DE TODAS

Este ano o día Internacional da Muller no cole adicarase ás tarefas do fogar e a traballar un reparto igualitario e unha corresponsabilidade na súa realización.
Primeiro veremos un vídeo grabado coa colaboración de parte dos meus alumnos e alumnas da aula de PT sobre a minusvaloración das tarefas do fogar:

Despois un vídeo sobre o tradicional reparto de roles nas tarefas do fogar:

E por último teremos unha gymkhana por equipos con todos os nenos e nenas de Primaria e ESO en agrupacións mixtas na que haberá que ir pasando probas relacionadas coas tarefas domésticas:

Para rematar farase entrega duns carnés profesionais en recordo e homenaxe a este día:

lunes, 17 de febrero de 2014

POR QUE AS PERSOAS EMIGRAN E ARRISCAN AS SÚAS VIDAS EN MOITOS CASOS?

Esta presentación que vos deixo para sensibilizar ao alumnado con todo o sucedido estes en relación coa inmigración leva dez anos feita, foi un dos meus traballos de doctorado. Falta a música da presentación que era "El estrecho se hizo eterno". Por desgraza 10 anos despois seguimos cos mesmos problemas e actitudes racistas.


Presentación sobre inmigración [modo de compatibilidad] from CPI Uxío Novoneira, Pedrafita do Cebreiro

EnREDate sen machismo

LIÑA DE AXUDA CONTRA O ACOSO ESCOLAR

Bullying Maltrato entre alumnos

Bullying Maltrato entre alumnos
Recursos para comprender o fenómeno, propostas didácticas e orientacións para traballar dende a escola, así como guías e consellos tamén para os pais

WEBQUEST PARA O 3º CICLO E ESO SOBRE O BULLYING

WEB OFICIAL ANDALUNA E SAMIR

WEB OFICIAL ANDALUNA E SAMIR
Páxina con material para traballar a integración de persoas con discapacidade, estranxeiros, para traballar valores como a igualdade de xénero, a paz e non violencia, a solidaridade e a cooperación, etc. Pódense descargar vídeos con cancións sobre os diferentes temas.

WEB PROTECCIÓN CIVIL SOBRE A PREVENCIÓN DE RISCOS

WEB PROTECCIÓN CIVIL SOBRE A PREVENCIÓN DE RISCOS
Risco volcánico, risco sísmico, risco de incendios e risco nueclear

Materiais para traballar a igualdade. Contos "El misterio el chocolate en la nevera"

EDUCACIÓN SEXUAL. Material para Educación Infantil

EDUCACIÓN SEXUAL. Guía de 6 a 12 anos.

Web de recursos para a educación en igualdade e a prevención da violencia de xénero

PAXINA DE COEDUCACIÓN da Dirección Xeral de Políticas Educativas e Ordenación Académica