viernes, 30 de enero de 2009

O DÍA DA PAZ NO COLE

No meu centro de traballo, o CEIP de Baamonde celebramos o Día da Paz recordando a Indira Gandhi e a todos e todas as que loitaron ó longo da historia pola Paz, os maiores de 4º, 5º e 6º recitaron poemas relacionados coa Paz, nos corredores do colexio podiamos ler frases de Gandhi que nos facían reflexionar sobre a Paz e formamos entre todos a palabra PAZ para cantar a canción de Rosario "No dudaría". Ademais a música de Radio-Patio amenizounos con cancións sobre a Paz, a Igualdade, etc. durante o tempo de lecer.

COMO COMPORTARSE NOS DIFERENTES PAÍSES DO MUNDO. GUÍAS DE COSTUMES CULTURAIS


Guías en inglés con información sobre as principais pautas de conduta social de 200 países.

lunes, 19 de enero de 2009

O CEIP SAN WALABONSO (Huelva) crea un blog con motivo do día da Paz


No blog os alumnos e alumnas van deixando mensaxes sobre a paz, os mestres e mestras propoñen actividades a través de WebQuest, proporcionan enlaces para xogos relacionados coa paz, etc.
Enlace á páxina do CEIP Walabonso

domingo, 11 de enero de 2009

A IMPORTANCIA DA IMAXE. Transmisión de valores a través de mensaxes visuais


As mensaxes visuais que están presentes nos centros teñen moita máis importancia da que lle damos en ocasións. No CEIP de Baamonde, o centro no que estou na actualidade destinada, quixemos sacarlle partido a información visual que forma parte do currículum oculto para traballar aspectos como a solución de conflitos elaborando carteis como o que se ve na primeira imaxes, a educación en valores, o respecto pola diferencia (non había case imaxes de nenos e nenas doutras razas, etnias, con diversidade funcional, etc.), a educación emocional (o mural aparece na segunda fotografía), etc.

Estas imaxes están colocadas nos lugares nos que o alumnado pasa tempo esperando e pode fixarse máis tempo.

OS CADERNOS DE TITORÍA como facilitadores da comunicación entre o equipo docente en cuestións de convivencia e normas.


Para que o clima de convivencia nun centro sexa positivo a comunicación é clave. No noso centro o Claustro de mestras e mestres é pequeno, somos 10 este ano, pero o habitual é contar con 6-7 docentes. Aínda así hai ocasións nas que é necesaria unha maior intercomunicación entre titores/as e especialistas,especialmente en relación co comportamento do alumnado e o cumprimento das normas de convivencia.
Para facilitar esta comunicación empezamos a traballar cos CADERNOS DE TITORÍA, que non son máis que axendas nas que o docente que está nese momento co grupo pode deixar recollido por escrito as situacións, actitudes, etc. que lle parezan relevantes sobre un alumno/a en concreto ou sobre todo o grupo. Desta forma todo o profesorado que imparte docencia ó grupo ten a posibilidade de coñecer os incidentes máis relevantes, algo especialmente importante para o titor/a, sobre todo á hora de avaliar. O cederno de titoría acompaña sempre ó grupo nas diferentes dependencias do centro.É un alumno/a o encargado de levar o caderno e entregarllo o mestre ou mestra co que van estar durante a sesión, cando non están na súa aula de referencia.
Estes cadernos tamén facilitan a labor da persoa encargada da convivencia, xa que os nenos e nenas que acuden a realizar actividades de reflexión sobre a convivencia e as normas traen consigo o caderno de titoría no que se explica o motivo polo que debe realizar dita actividade de reflexión.

viernes, 2 de enero de 2009

SANCIÓNS EDUCATIVAS


As medidas que forman o Plan de Convivencia do noso centro teñen ou pretenden ter unha orientación educativa, de forma que o alumnado vaia adquirindo habilidades, destrezas e competencias como resultado da posta en marcha das diferentes accións.
A actuación co alumnado que non cumpre as normas do centro e da aula tamén debía ter esta finalidade, de forma que non só pretendiamos sancionar, senón que a sanción debía educar. Non queriamos que simplemente se adicasen a facer copias ou estar sentado sen facer nada. Desta forma apareceron as fichas de reflexión sobre a convivencia e as normas que podemos ver nas imaxes. Así, o alumnado que é sancionado ten que elaborar unha pequena reflexión a partir de fichas nas que se recollen situacións ben ficticias ou reais (que se deron con anterioridade no centro).

Cando o incumprimento das normas é reiterado ou cando a conduta é moi grave a ficha que debe elaborar ten que recoller unha reflexión sobre a súa conduta que deberá ser firmado polos pais, o que tamén serve para manter comunicación coas familias sobre os aspectos relacionados coa convivencia do seu fillo ou filla.
Estas fichas son diferentes en función da idade: os máis pequenos deixan reflectido o que pasou a través dun debuxo e da resposta a dúas preguntas e os maiores fan esta reflexión por escrito.

UN VÍDEO PARA REFLEXIONAR SOBRE A CONVIVENCIA ENTRE CULTURAS. A PRESENCIA DOS VELO NOS CENTROS EDUCATIVOS.

O FALADOIRO. UN ESPAZO NO CENTRO PARA FOMENTAR A COMUNICACIÓN E A SOLUCIÓN PACÍFICA DO CONFLITOS.



Este é o FALADOIRO, un espazo que creamos no centro co obxectivo de axudar ó alumnado a resolver con autonomía os seus conflitos e de potenciar a escoita activa, respectando os turnos da comunicación.
Cando o alumnado fai uso deste espazo non conta coa intervención dun adulto, que actúa a modo de árbitro ou de xuíz, según as circunstancias do momento, senón que a través do diálogo ten que buscar o acordo para solucionar de forma pacífica a situación conflitiva na que se atopa; pretendemos que desta forma o alumnado vaia adquirindo unha maior autonomía na xestión dos conflitos.
O faladoiro ten unhas normas, só se pode falar cando se está sentado na cadeira que ten enriba a boca, e na cadeira que ten a orella debe escoitar. Para poder cambiar os papeis deben cambiar de cadeira.
Pode facerse uso do faladoiro cando dous nenos ou nenas o solicitan, ou ben pode ser un adulto o que os envíe a solucionar un conflito, cando observa que para solucionar un problema non se están respectando as regras da comunicación.
Unha vez que se chega ó acordo, os nenos/as teñen que deixar unha mensaxe con recomendacións ou consellos para os compañeiros e compañeiras en relación co problema que acaban de solucionar. Esta mensaxe queda no taboleiro que está ó lado do faladoiro.


jueves, 1 de enero de 2009

PLAN DE CONVIVENCIA NO MEU CENTRO DE TRABALLO


Preséntovos un esquema de como se articula o Plan de Convivencia no meu centro de traballo, o CEIP de Baamonde. Pouco a pouco ireivos explicando en que consisten cada unha das medidas que forman o continum de accións relacionadas coa convivencia.

EnREDate sen machismo

LIÑA DE AXUDA CONTRA O ACOSO ESCOLAR

Bullying Maltrato entre alumnos

Bullying Maltrato entre alumnos
Recursos para comprender o fenómeno, propostas didácticas e orientacións para traballar dende a escola, así como guías e consellos tamén para os pais

WEBQUEST PARA O 3º CICLO E ESO SOBRE O BULLYING

WEB OFICIAL ANDALUNA E SAMIR

WEB OFICIAL ANDALUNA E SAMIR
Páxina con material para traballar a integración de persoas con discapacidade, estranxeiros, para traballar valores como a igualdade de xénero, a paz e non violencia, a solidaridade e a cooperación, etc. Pódense descargar vídeos con cancións sobre os diferentes temas.

WEB PROTECCIÓN CIVIL SOBRE A PREVENCIÓN DE RISCOS

WEB PROTECCIÓN CIVIL SOBRE A PREVENCIÓN DE RISCOS
Risco volcánico, risco sísmico, risco de incendios e risco nueclear

Materiais para traballar a igualdade. Contos "El misterio el chocolate en la nevera"

EDUCACIÓN SEXUAL. Material para Educación Infantil

EDUCACIÓN SEXUAL. Guía de 6 a 12 anos.

Web de recursos para a educación en igualdade e a prevención da violencia de xénero

PAXINA DE COEDUCACIÓN da Dirección Xeral de Políticas Educativas e Ordenación Académica