martes, 6 de diciembre de 2011
V SEMINARIO DE ATENCIÓN EDUCATIVA AO ALUMNADO INMIGRANTE
Esta Fin de semana estiven no V Seminario de atención educativa ao alumnado inmigrante. Algo que nos recordou J. Antonio Jordán Sierra, profesor da Universidade de Barcelona en relación coa educación intercultural, e que a min me parece clave paraunha integración real da diversidade cultural, é a importancia de traballar as actitudes, que son as que se atopan tras os prexuízos, estereotipos e xuízos etnocétricos. Prestar atención ás actitudes é importante teñamo ou non alumnos e alumnas doutras culturas, porque hoxe en día a nosa sociedade é diversa culturalmnente e trátase de formar persoas para a vida, competentes como cidadáns e cidadás. Resaltou que hai que deixar a un lado a visión pesimista de que as nosas actuacións nas aulas non teñen repercusión na sociedade porque para eses nenos e nenas que temos nas aulas si ten unha influenza, polo menos NON MENOR, que os que reciben do medio social, eso si, tanto de forma positiva (recoñecemento, valoración, autoconfianza,...) como negativa (indiferenza, rechazo, ...).
Non podemos ver aos nosos alumnos e alumnas como uns máis entre todos,como unha masa. Temos que velos e pensar "é o meu alumno/a" e ser sensible ás súas continuas "chamadas", especialmente no caso dos e das máis vulnerables.
Temos que escoitaras súas voces cando nos están dicindo "estou aquí, son... o teu alumno/a, que necesita o teu apoio, a túa axuda".
En alusión a este punto, paréceme fundamental a mensaxe que deixou Emilio García, orintador no IES Agra de Orzán, que resalta a necesidade de ver a diversidade cultural como un RETO, NON COMO UNHA DIFICULTADE.
Foi moi interesante escoitar as aportacións dende a experiencia tantos compañeiros/as.Chamoume a atención a perspectiva que aportou a traballadora social do concello de Arteixo explicando as causas do absentismo entre o alumnado inmigrante, como as ausencias do home do fogar, que levan á muller (en moitísimos casos analfabeta) a recurrir aos fillos e fillas para ir ao supermercado, ao médico, etc. o que leva a reflexionar sobre a importancia de traballar coas familias, algo evidente pero que cada vez se amosa máis urxente e ao que non prestamos sempre a debida atención.
Foi toda unha dose de optimismo escoitar a experiencia de Jowel, un neno de Bangladesh que chegou o pasado curso escola sen coñecer a nosa lingua e que nos contou nun castelán moi correcto e cunha visión moi positiva, a súa experiencia no noso sistema educativo.
Da experiencia de Mª Teresa Domínguez, orientadora no CRA Clara Torres de Tui, quero resaltar a necesidade de non escudarnos no pretexto de que eles/elas mesmos se marxinan porque nós temos que poñer da nosa parte para que non sexa así e conseguir unha convivencia.Resaltar a encomiable tarefa realizada coas mulleres marroquíes para acadar a súa integración e visibilización social das súas aportacións.
Recoméndovos o libro que nos narrou Concepción Costas, "Caixa de cartón", un precioso conto que nos axuda a facer que o noso alumnado e achegue e sensibilice coa realidade da inmigración a través da narración da viaxe dunha nai co seu fillo a outro país atravesando difíciles momentos.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario