O pobo xitano leva convivindo con nós máis de 500 anos, pero seguen a ser os grandes descoñecidos. Eles están en contacto permanente coa nosa cultura, aprenden sobre os nosos devanceiros celtas, romanos, etc. pero... qué sabemos nós da súa orixe? Máis ben pouco.
Isto ten unha dobre consecuencia. Por un lado os xitanos e xitanas ven ao sistema educativo como algo fóra da súa realidade, na que eles e elas non están incluidos. Por outro, o proceso de creación dunha identidade cultural queda relegado ó ámbito familiar.
Partindo destas ideas considerei importante incluir a celebración do Día do Pobo Xitano, 8 de abril, como encargada da dinamización da convivencia no meu centro escolar.
Aquí vos deixos información por se vos interesa ou é de utilidade:
POR QUE CELEBRAMOS O DÍA 8 DE ABRIL O DÍA DO POBO XITANO?
O 8 de abril os principais ríos do mundo levaron no seu leito miles de flores:
-O Ganges na India.
-O río da Prata en Arxentina
-O Miño en Lugo e en Romanía
-O Sena en Francia
-O río Jordán en Israel
-O río Ripoll en Barcelona
-Etc.
Esta ceremonia chámase CERIMONIA DO RÍO. Desta forma todos os xitanos e xitanas do mundo conmemoran o aniversario da súa saída de Punjab (India).
Así o 8 de abril miles e miles de xitanos e xitanas reúnense nas beiras dos principais ríos do mundo, de América a Australia e de Asia a Europa para lanzar ao auga flores e velas en recordo dos seus devanceiros que abandoaron a India buscando un futuro mellor e aqueles que tiveron que sufrir na súa propia pel u odio e os ataques por motivos racistas.
A ceremonia do Río reúne nun mesmo acontecemento a celebración do inicio do camiño e o recordo do todos aqueles que padeceron as dificultades deste longo traxecto.
No colexio fixemos unha Cerimonia do río simbólica, pegando cada un de nós unha flor no mural do río. Despois tivemos o pracer de bailar, cantar e escoitar a historia da poboación xitana da localidade, contada por eles mesmos, aquí vos deixo un vídeo-resumo:
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario