domingo, 29 de abril de 2012
XIII FORO DE EDUCACIÓN EN IGUALDADE
Os días 27 e 28 deste mes tivo lugar na EGAP de Santiago de Compostela o XIII FOro de Educación en Igualdade. Quero empezar destacando que hai unha serie de datos que resultan alarmantes e que precisan dunha intervención.
É preocupante que o 80% das condutas contrarias á convivencia sexan protagonizadas por rapaces (o modelo feminino adaptase mellor ao tipo de sistema educativo que temos) e os resultados académicos son moito mellores en rapazas ca en rapaces. Detrás de todo esto está o modelo DOMINIO-SUMISIÓN que leva a que siga existinto o machismo a día de hoxe. O proceso para eliminalo é coñecelo -> desvelalo -> denuncialo -> cambialo
Tamén debemos actúar ante datos que revelan as enquisas dalgúns centros nos que destacan datos como que:
- Un tercio dos rapaces pensa que as tarefas da casa son cousa de mulleres.
- O 30% das rapazas e case o 50% do rapaces pensan que as tarefas relacionadas co coidado son cousa delas.
- o 25% das rapazas só sinten seguridade en parella.
- O 30% non cren que falta de agarimo é unha forma de maltrato.
- Un 25% das rapazas cren que que é normal que os rapaces obriguen ás rapazas a manter relacións sexuais.
Precisamos poñer en marcha accións e proxectos coeducativos que permitan ás novas xeneracións, tanto rapaces como rapazas, coller o mellor do modelo masculino e do feminino para conseguir un desenvolvemento completo e integral, non coma ocorre no tradicional proceso de socialización.
Trátase de educar admitindo que entre nenos e nenas hai diferenzas e semellanzas como seres humanos que son, pero sen sesgos de xénero. Esto esixe actuar sobre os planos:
- Cognitivo: superar a invisibilidade do feminino, coñecer as causas para loitar contra elas,..
- Afectivo: reflexionar sobre os modelos de referencia que teñen rapaces e rapazas, sobre os axentes de socialización ante os que están expostos,...
- Conductual: Darlles alternativas funcionais para que non sigan repetindo os tradicionais porque lles funcionan.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario