lunes, 6 de mayo de 2013
domingo, 28 de abril de 2013
FORO GALEGO DE IGUALDADE (Santiago de Compostela 2013)
Esta fin de semana estiven en Santiago de Compostela no Foro Galego de Educación en Igualdade. Como novidade con respecto a outros iniciativas, este ano estivo centrado na masculinidade. Precisamos construir novas masculinidades se queremos conseguir unha igualdade real.
Ata o momento a maioría das iniciativas están centradas en que muller teña as mesmas posibilidades no mundo formativo e laboral, na prevención e denuncia das situacións de violencia de xénero, na liberdade e autonomía da muller, etc.
Pero esquecemos que eles, os homes, os rapaces,... teñen que asumir responsabilidades. É cuestión de xustiza; a muller non pode entrar no mundo laboral pero seguir asumindo o mundo doméstico.
Aquí vos deixo unha serie de imaxes que serven para a reflexón sobre parte dos contidos traballados ao longo do Foro.
martes, 5 de marzo de 2013
DIA INTERNACIONAL DA MULLER 2013 NO MEU COLE, O CPI UXIONOVONEIRA DE PEDRAFITA
Con motivo do Día Internacional da Muller este ano decidimos facer unha homenaxe ás mulleres deportistas, especialmente aquelas que chegaron ás Olimpíadas, despois de que este pasado verán as deportistas españolas gañaran 11 das 17 medallas para España.
Coa colaboración do alumnado de 2º da ESO que cursa á alternativa ao Francés (Laura, Luis e Lucía) gravamos un pequeno vídeo onde se narra a historia da muller e o deporte dende as antigas civilizacións. Aquí tedes o resultado:
O centro quedou ambientado con información desta temática, aquí podedes acceder e descargar os carteis:
Con toda esta información tanto os alumnos e alumnas de ESO coma de Primaria participan nunha CARREIRA DE ORIENTACIÓN por todas as instalacións do centro seguindo un plano onde se indican as diferentes estacións polas que teñen que ir pasando e nas que hai unha proba que pasar: unha pregunta sobre a temática deste ano para o 8 de Marzo. Ao final da carreira cada un/unha das participantes recibe unha medalla pola súa colaboración.
Cos pequenos de Infantil introdúcese o tema das Olimpíadas co seguinte vídeo:
Despois falamos sobre quen participa, que deportes hai, en cales hai homes e mulleres, etc.; traballamos co LIM da entrada anterior na Pizarra Dixital e rematamos cunhas pequenas probas olímpicas para todos e todas os nenos e nenas de Infantil, que se levarán tamén unha medalla pola súa participación.
martes, 12 de febrero de 2013
miércoles, 24 de octubre de 2012
miércoles, 10 de octubre de 2012
MALALA YOUSUFZAI, UN EXEMPLO PARA O MUNDO.
No blog Estrella Coeducaca analizan e reflexionan sobre este exemplo de valentía na loita por unha sociedade mellor e por uns dereitos para todos e todas:ESTRELLACOEDUCA : MALALA YOUSUFZAI, UN EJEMPLO PARA EL MUNDO.: No podíamos hacer caso omiso a esta noticia que recibimos ayer 9 de Octubre cuando nos enteramos que esta joven pakistaní de 14 años recibi...
Podemos ler esta nova no xornal EL PAÍS:
lunes, 9 de julio de 2012
sábado, 5 de mayo de 2012
domingo, 29 de abril de 2012
XIII FORO DE EDUCACIÓN EN IGUALDADE
Os días 27 e 28 deste mes tivo lugar na EGAP de Santiago de Compostela o XIII FOro de Educación en Igualdade. Quero empezar destacando que hai unha serie de datos que resultan alarmantes e que precisan dunha intervención.
É preocupante que o 80% das condutas contrarias á convivencia sexan protagonizadas por rapaces (o modelo feminino adaptase mellor ao tipo de sistema educativo que temos) e os resultados académicos son moito mellores en rapazas ca en rapaces. Detrás de todo esto está o modelo DOMINIO-SUMISIÓN que leva a que siga existinto o machismo a día de hoxe. O proceso para eliminalo é coñecelo -> desvelalo -> denuncialo -> cambialo
Tamén debemos actúar ante datos que revelan as enquisas dalgúns centros nos que destacan datos como que:
- Un tercio dos rapaces pensa que as tarefas da casa son cousa de mulleres.
- O 30% das rapazas e case o 50% do rapaces pensan que as tarefas relacionadas co coidado son cousa delas.
- o 25% das rapazas só sinten seguridade en parella.
- O 30% non cren que falta de agarimo é unha forma de maltrato.
- Un 25% das rapazas cren que que é normal que os rapaces obriguen ás rapazas a manter relacións sexuais.
Precisamos poñer en marcha accións e proxectos coeducativos que permitan ás novas xeneracións, tanto rapaces como rapazas, coller o mellor do modelo masculino e do feminino para conseguir un desenvolvemento completo e integral, non coma ocorre no tradicional proceso de socialización.
Trátase de educar admitindo que entre nenos e nenas hai diferenzas e semellanzas como seres humanos que son, pero sen sesgos de xénero. Esto esixe actuar sobre os planos:
- Cognitivo: superar a invisibilidade do feminino, coñecer as causas para loitar contra elas,..
- Afectivo: reflexionar sobre os modelos de referencia que teñen rapaces e rapazas, sobre os axentes de socialización ante os que están expostos,...
- Conductual: Darlles alternativas funcionais para que non sigan repetindo os tradicionais porque lles funcionan.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)
