martes, 6 de diciembre de 2011

V SEMINARIO DE ATENCIÓN EDUCATIVA AO ALUMNADO INMIGRANTE


Esta Fin de semana estiven no V Seminario de atención educativa ao alumnado inmigrante. Algo que nos recordou J. Antonio Jordán Sierra, profesor da Universidade de Barcelona en relación coa educación intercultural, e que a min me parece clave paraunha integración real da diversidade cultural, é a importancia de traballar as actitudes, que son as que se atopan tras os prexuízos, estereotipos e xuízos etnocétricos. Prestar atención ás actitudes é importante teñamo ou non alumnos e alumnas doutras culturas, porque hoxe en día a nosa sociedade é diversa culturalmnente e trátase de formar persoas para a vida, competentes como cidadáns e cidadás. Resaltou que hai que deixar a un lado a visión pesimista de que as nosas actuacións nas aulas non teñen repercusión na sociedade porque para eses nenos e nenas que temos nas aulas si ten unha influenza, polo menos NON MENOR, que os que reciben do medio social, eso si, tanto de forma positiva (recoñecemento, valoración, autoconfianza,...) como negativa (indiferenza, rechazo, ...).
Non podemos ver aos nosos alumnos e alumnas como uns máis entre todos,como unha masa. Temos que velos e pensar "é o meu alumno/a" e ser sensible ás súas continuas "chamadas", especialmente no caso dos e das máis vulnerables.
Temos que escoitaras súas voces cando nos están dicindo "estou aquí, son... o teu alumno/a, que necesita o teu apoio, a túa axuda".
En alusión a este punto, paréceme fundamental a mensaxe que deixou Emilio García, orintador no IES Agra de Orzán, que resalta a necesidade de ver a diversidade cultural como un RETO, NON COMO UNHA DIFICULTADE.
Foi moi interesante escoitar as aportacións dende a experiencia tantos compañeiros/as.Chamoume a atención a perspectiva que aportou a traballadora social do concello de Arteixo explicando as causas do absentismo entre o alumnado inmigrante, como as ausencias do home do fogar, que levan á muller (en moitísimos casos analfabeta) a recurrir aos fillos e fillas para ir ao supermercado, ao médico, etc. o que leva a reflexionar sobre a importancia de traballar coas familias, algo evidente pero que cada vez se amosa máis urxente e ao que non prestamos sempre a debida atención.
Foi toda unha dose de optimismo escoitar a experiencia de Jowel, un neno de Bangladesh que chegou o pasado curso escola sen coñecer a nosa lingua e que nos contou nun castelán moi correcto e cunha visión moi positiva, a súa experiencia no noso sistema educativo.
Da experiencia de Mª Teresa Domínguez, orientadora no CRA Clara Torres de Tui, quero resaltar a necesidade de non escudarnos no pretexto de que eles/elas mesmos se marxinan porque nós temos que poñer da nosa parte para que non sexa así e conseguir unha convivencia.Resaltar a encomiable tarefa realizada coas mulleres marroquíes para acadar a súa integración e visibilización social das súas aportacións.
Recoméndovos o libro que nos narrou Concepción Costas, "Caixa de cartón", un precioso conto que nos axuda a facer que o noso alumnado e achegue e sensibilice coa realidade da inmigración a través da narración da viaxe dunha nai co seu fillo a outro país atravesando difíciles momentos.

miércoles, 23 de noviembre de 2011

SEXISMO E PUBLICIDADE DE XOGUETES

Agora que está cerca a celebración do Día contra a violencia de xénero e as vacacións de Nadal, pode ser de gran utilidade reflexionar cos nosos alumnos e alumnas sobre como aprendemos e interiorizamos estereotipos sexistas a través do xogo e dos xoguetes. Está claro que nos folletos non se di explicitamente que xoguete está orientado para as nenas ou para os nenos, pero formas máis sutiles de influir nos nosos fillos/as.

Escribe qué profesións se potencian nos nenos e cales nas nenas

Para poder reflexionar sobre estos puntos tan só necesitamos uns cantos folletos de publicicidades dos grandes centros comerciais ou das cadeas de xoguetes, que son fáciles de conseguir antes de Nadal.

sábado, 4 de junio de 2011

XORNADAS AXENDA 21 ESCOLAR DE GALICIA

Esta fin de semana estiven en Santiago nas Xornadas de Axenda 21 escolar de Galicia, o reto de educar na sostenibilidade.
Nestas xornadas ensinánronnos numerosas experiencias relacionadas coa sostenibilidade: análise da biodiversidade, xestión dos residuos, contaminación acústica, uso da auga, o consumismo,...
Estas experiencias sobre a educación en valores sostibles resultáronme moi enriquecedoras pero gustaríame destacar a importancia que tivo na súa realización o traballo en equipo do profesorado e o traballo sobre o entorno próximo, deixando a un lado, polo menos parcialmente, os libros de texto.
Outro aspecto que non quero esquecer é a importancia de buscar a colaboración das familias na vida do centro. As experiencias de axenda 21 amosan parte de todo o positivo que se pode acadar se camiñamos da man, buscando conseguir os mesmos obxectivos, en lugar de continuar mirándonos con desconfianza. As experiencias demostran que é posible.


martes, 17 de mayo de 2011

O CLUBE DAS MULLERES MORTAS

"El Club de las Mujeres Muertas" Audiovisual parte da Campaña de Comunicación para a Prevención da Violencia de Xénero contra as Mulleres. Oaxaca, 2007.

EnREDate sen machismo

LIÑA DE AXUDA CONTRA O ACOSO ESCOLAR

Bullying Maltrato entre alumnos

Bullying Maltrato entre alumnos
Recursos para comprender o fenómeno, propostas didácticas e orientacións para traballar dende a escola, así como guías e consellos tamén para os pais

WEBQUEST PARA O 3º CICLO E ESO SOBRE O BULLYING

WEB OFICIAL ANDALUNA E SAMIR

WEB OFICIAL ANDALUNA E SAMIR
Páxina con material para traballar a integración de persoas con discapacidade, estranxeiros, para traballar valores como a igualdade de xénero, a paz e non violencia, a solidaridade e a cooperación, etc. Pódense descargar vídeos con cancións sobre os diferentes temas.

WEB PROTECCIÓN CIVIL SOBRE A PREVENCIÓN DE RISCOS

WEB PROTECCIÓN CIVIL SOBRE A PREVENCIÓN DE RISCOS
Risco volcánico, risco sísmico, risco de incendios e risco nueclear

Materiais para traballar a igualdade. Contos "El misterio el chocolate en la nevera"

EDUCACIÓN SEXUAL. Material para Educación Infantil

EDUCACIÓN SEXUAL. Guía de 6 a 12 anos.

Web de recursos para a educación en igualdade e a prevención da violencia de xénero

PAXINA DE COEDUCACIÓN da Dirección Xeral de Políticas Educativas e Ordenación Académica