viernes, 21 de enero de 2011

ACTIVIDADES PARA O DÍA DA PAZ

No noso cole estamos rematando os últimos preparativos de cara a celbración do día da Paz. As actividades que temos programadas son:
1. Co alumnado de Educación Infantil traballaremos co conto en powerpoint O castelo de area" sobre a necesidade de traballar en equipo en lugar de competir.
2. Co alumnado do 1º ciclo proxectaremos a película "Historia dunha gaivota e do gato que lle ensinou a volar" para debater sobre:
- A amizade entre seres diferentes.
- A defensa do medio ambiente.
- A perseverancia para conseguir as cousas a pesar das dificultades.
- A necesidade de aceptarse a un mesmo.
3. O alumnado de 2º e 3º ciclo vai realizar cómics relacionados co tema da paz.
4. O alumnado de 3º ciclo verá a película de "Cobardes" sobre o tema do acoso escolar. Adxúntovos as activadades de reflexión que realizaremos co alumnado, que traballará en pequenos grupos para facer despois un debate en gran grupo.



A nivel de centro todos cantaremos "Este mundo é o que queremos" e leremos un manifesto pola paz que tamén vos deixo aquí.


En relación coas familias, realizamos unha recompilación de lecturas relacionadas coa paz e clasificadas por idades. Podedes vela debaixo.

miércoles, 19 de enero de 2011

INVISIBLES

Vídeo moi interesante sobre a historia do patriarcado e a consecuente invisibilidade da muller explicado de forma moi breve pero ben sintetizado.

martes, 30 de noviembre de 2010

UNHA HISTORIA REAL DE AFGANISTAN: La escuela sercreta de Nasreen


Jeanette Winter ofrécenos este libro para nenos e nenas a partir de 7 anos no que se conta a historia de Afganistán dende a chegada dos talibáns e a consecuente prohibición para as nenas de ir á escola e para as mulleres de saír de casa sen o compañía dun home da súa familia.
Nasreen é unha nena que deixa de falar trala desaparición dos seus pais e a súa avoa decide empezar a levala a unha escola segreda na que descubrirá novos horizontes e unha vida mái aló da que os talibáns lle obrigan a vivir.
No libro atopamos a defensa da liberdade e o dereito á educación para todos e todas.

lunes, 22 de noviembre de 2010

25 DE NOVEMBRO DÍA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

Dende a escola debemos aportar o noso grao de area e instaurar dende as primeiras idades relacións equilibradas entre nenos e nenas, rexeitando e reflexionando para cambiar os estereotipos sexistas e as prácticas discriminatorias.

jueves, 18 de noviembre de 2010

DIA DOS DEREITOS DOS NENOS E DAS NENAS






Con motivo do día dos dereitos do neno e da nena no cole organizamos unha exposición cos dereitos e deberes e con situacións nas que por desgracia non se cumpren, para pensar entre todos e todas como podemos colaborar a cambiar esta situación.

DIA DOS DEREITOS DOS NENOS E DAS NENAS




Con motivo do día dos dereitos do neno e da nena no cole organizamos unha exposición cos dereitos e deberes e con situacións nas que por desgracia non se cumpren, para pensar entre todos e todas como podemos colaborar a cambiar esta situación.

jueves, 11 de noviembre de 2010

El Desafio (Attahaddi) - Curtametraxe de Oscar Berdullas sobre a inmigración


A curtametraxe trata sobre a decisión de migrar a outro país así como a situación na que se ven moitos inmigrantes que veñen buscando acadar os seus soños e lograr unha vida mellor para eles e as súas familias.

lunes, 27 de septiembre de 2010

CANCIÓN CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

Canción MIRANDO PA TI cantada por EL ARREBATO.
Unha canción sobre maltrato sufrido por unha muller que se atopa cun amigo que intenta animala a saír desa situación. Aquí tedes o estribillo:

"Y volver a vivir,
mirando pa'ti,
volver a sentirte to' guapa
hacer lo que quieras,
entrar o salir
sin nadie pegado a tu espalda."

EnREDate sen machismo

LIÑA DE AXUDA CONTRA O ACOSO ESCOLAR

Bullying Maltrato entre alumnos

Bullying Maltrato entre alumnos
Recursos para comprender o fenómeno, propostas didácticas e orientacións para traballar dende a escola, así como guías e consellos tamén para os pais

WEBQUEST PARA O 3º CICLO E ESO SOBRE O BULLYING

WEB OFICIAL ANDALUNA E SAMIR

WEB OFICIAL ANDALUNA E SAMIR
Páxina con material para traballar a integración de persoas con discapacidade, estranxeiros, para traballar valores como a igualdade de xénero, a paz e non violencia, a solidaridade e a cooperación, etc. Pódense descargar vídeos con cancións sobre os diferentes temas.

WEB PROTECCIÓN CIVIL SOBRE A PREVENCIÓN DE RISCOS

WEB PROTECCIÓN CIVIL SOBRE A PREVENCIÓN DE RISCOS
Risco volcánico, risco sísmico, risco de incendios e risco nueclear

Materiais para traballar a igualdade. Contos "El misterio el chocolate en la nevera"

EDUCACIÓN SEXUAL. Material para Educación Infantil

EDUCACIÓN SEXUAL. Guía de 6 a 12 anos.

Web de recursos para a educación en igualdade e a prevención da violencia de xénero

PAXINA DE COEDUCACIÓN da Dirección Xeral de Políticas Educativas e Ordenación Académica