Esta semana iniciei a formación de mediadores e mediadoras entre o alumnado de 6º de Educación Primaria no meu centro. Déixovos aquí o material que estou empregando:
- POWERPOINT SESIÓN 1
- POWERPOINT SESIÓN 2
- VÍDEO PARA TRABALLAR CANDO É NECESARIO MEDIAR E CÓMO INICIAR O PROCESO DE MEDIACIÓN
- VÍDEO SOBRE O PROCESO DE MEDIACIÓN E AS HABILIDADES IMPLICADAS
- VÍDEO SOBRE BULLYNG
- VÍDEO LEY DO SILENCIO (Bullyng)
sábado, 13 de marzo de 2010
sábado, 6 de marzo de 2010
miércoles, 17 de febrero de 2010
MUJERES ROIT, biografías de mulleres relevantes ao longo da historia

Nesta páxina podedes atopar biografías de mulleres silenciadas ou que non recibiron sempre todo o recoñecemento que mereceron ao longo da historia. Poden ser moi útiles para elaborar co alumnado paneis amosando a presenza de mulleres ao longo da historia e a súa contribución ó desenvolvemento da sociedade en cada momento.
MUJERES RIOT
domingo, 7 de febrero de 2010
domingo, 3 de enero de 2010
Tiana y el sapo, unha película de Disney onde as princesas cambian o modelo que ofrecen ás nenas sobre a feminidade

Disney estrena en Febreiro unha película de princesas onde as mulleres xa non somos damiselas en apuros que esperan un príncipe-salvador. As princesas agora traballan, compatibilizan a vida familiar e laboral e loitan por mellorar e superarse.
Artigo de EL PAIS: Las princesas se ponen a trabajar
miércoles, 30 de diciembre de 2009
CONTO "Gymkana de emociones" de CEPE

O outro día din cun interesante libro "gymkana de emociones", conto que está especialmente indicado para axudar aos nenos e nenas a poñerse no lugar dos demais e aprender alternativas para solucionar pequenos conflitos cos amigos.
RESUMO- É a primeira vez que Clara acode a un campamento de verán, é o último día e a súa amiga Sofía explícalle que van participar nunha divertida Gymkana que os monitores organizan todos os anos. O grupo de Clara resulta gañador e ao rematar o xogo danse conta de que as pistas do xogo son en si mesmas unha boa estratexia para resolver os problemas cos amigos, polo que Clara decide gardalas para recordalas cando se enfronte a algunha situación que lle resulte complicada de resolver, respondendo ás preguntas: ¿Que ocurriu? ¿Como me sentín? ¿Como se sentiron os demais? ¿Que podo facer a próxima vez?
O conto inclúe tamén consellos para pais e nais e propostas de actividades para reflexionar cos nenos e nenas sobre os problemas, seguindo os pasos-guía do conto e as tarxetas.
Os autores do libro son Carmen Sara Floriano, Fausto Giles, Isabel Orjales e Rubén Toro.Espero que vos sexa de utilidade.
miércoles, 23 de diciembre de 2009
CONTOS INFANTILES PARA DURMIR QUE TRABALLAN OS VALORES

Páxina con contos infantiles curtos para educar en valores, con todo tipo de personaxes e situacións. Os contos aparecen clasificados por coleccións, valores traballados, personaxes, etc. Os contos podemos atopalos en textos para imprimir ou como audiocontos para poder escoitar.
Para acceder á páxina preme o seguinte enlace:
CONTOS PARA DURMIR
lunes, 21 de diciembre de 2009
martes, 15 de diciembre de 2009
martes, 8 de diciembre de 2009
MALETÍN DE COEDUCACIÓN

Nesta páxina temos todos un maletín de Coeducación repleto de fórmulas, ideas, suxerencias, técnicas (¡más de 60!) que, aínda que non sexan máxicas nin maxistrais, vannos permitir e facilitar a sensibilización, reflexión, prevención e promoción da igualdade de oportunidades neste gran laboratorio que é a Educación (formal, non-formal e informal).
ACCESO AO MALETÍN
Suscribirse a:
Entradas (Atom)

