Este ano o día Internacional da Muller no cole adicarase ás tarefas do fogar e a traballar un reparto igualitario e unha corresponsabilidade na súa realización.
Primeiro veremos un vídeo grabado coa colaboración de parte dos meus alumnos e alumnas da aula de PT sobre a minusvaloración das tarefas do fogar:
Despois un vídeo sobre o tradicional reparto de roles nas tarefas do fogar:
E por último teremos unha gymkhana por equipos con todos os nenos e nenas de Primaria e ESO en agrupacións mixtas na que haberá que ir pasando probas relacionadas coas tarefas domésticas:
Para rematar farase entrega duns carnés profesionais en recordo e homenaxe a este día: